miércoles, 5 de noviembre de 2014

Perdéndolle o medo as tabletas nunha aula de 1º



Cando empezamos a traballar coa tableta, a primeira impresión era que a súa maior utilidade  sería como de "recursos audiovisuais"(camara fotográfica, c. de vídeo, grabador).
Polo que o primeiro día que a levei á aula, despois de presentala, adicámonos a sacar fotos da actividade que estabamos facendo: "Calcular o número de castañas necesarias para cubrir as necesidades da nosa aula o día do Magosto".











1º Decidimos cantas precisaba
    cada un do equipo.


 2º Anotámolo no rexistro.





    3º Discutimos como
        calcular o número total 
        de castañas para o equipo.





                                               









4º Calculamos e escribimos no rexistro como averigualo con unha operación.
    Escribimos a resposta.
 
Pero pouco a pouco fomos probando outros usos da tableta.


 Sacamos fotos de distintos
 elementos do outono e co
 "Adobe ideas", repasamos
 o contorno e escribimos os
 seus nomes.


Probando a app toontastic na clase.

Unha vez perdido o medo á tablet, o seguinte paso era usar unha app cos peques. Aprovietando que no cole estamos traballando o medo os nenos de 3 anos usaron a app de Toontastic para meterse na pel das personaxes de medo que estivemos a traballar os días anteriores.




lunes, 3 de noviembre de 2014

Centrando a experiencia de aprendizaxe e o seu deseño.

O tema elexido polo grupo 5 foi: Os animais do bosque.

  • Estándares de aprendizaxe:
ÁREA MATEMÁTICA:
Utiliza os números ordinais en contextos reais.
ÁREA CC SOCIAIS
 Recolle información a través da observación iniciándose nas TICs

ÁREA CC DA NATUREZA

Busca e selecciona información de forma guiada

ÀREA LINGUA GALEGA

Utiliza vocabulario axeitado para súa idade.


  •  Competencias:
COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
Describe as características dos animais.

COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIAS BÁSICAS EN CIENCIA E TECNOLOXÍA

É capaz de enumerar correctamente as páxinas.

COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER

Busca información nos contos.

COMPETENCIA DIXITAL

Manexa a "APP" con soltura.

COMPETENCIA SOCIAL E CÍVICA

Respeta as creacións dos compañeiros/as.

COMPETENCIA EN SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITU EMPRENDEDOR.

É quen de aportar ideas ao ebook.

COMPETENCIA EN CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS.

Identifica aos animais traballados no entorno.

  • HH para o século XXI: Creatividade, colaboración, comunicación e responsabilidade.
  •  Contidos-Saber:  Os animais do bosque e as súas características.
  • Contidos procedimentais: Saber-facer: 
    - Facer unha foto co Ipad.
    - Escribir o nome.
    - Saber describir verbalmente.

    • Contidos actitudinais. Colaborar, comunicar, respetar.
    • Actividades
     De entrada: Ler un conto sobre animais do bosque, preguntar o qué sabemos sobre os anmimais do bosque, qué queremos saber e cómo.
    •   De desenvolvemento: Consultar varios contos sobre animais, elexir e repartir os animais entre eles, mandar fotos ao correo da mestra, describir individualmente ao animal e por parellas escoitarse e correxirse e plasmar todo o anterior nun ebook.
    • Actividades de cerre: Subir o ebook ao blogue da aula, imprimilo e incorporalo a biblioteca de aula e preguntar o qué sabemos agora dos animais do bosque.
    • Actividades do profesor/a:  Preparación, motivación, orientación, dinamoización, avaliación e busca e selección de recursos.

Experiencia na aula

Experiencia na aula

Aquí vos deixo algunhas das fotos e os debuxiños que fixeron os pequech@s da mestra Mari.Os nenos/as fíxolles moita ilusión.



Un saúdo.



 A MASCOTA PELIÑOS.















A FADA POPETA




jueves, 30 de octubre de 2014

Mestrapps loitando coas competencias

Coa tableta nas súas mans,    Mestrapps plantexouse  para qué lle servía este aparello. Agora  ten que pensar cómo a tableta  lle pode axudar a acadar as competencias cos seus nenos.Mestrapps ponse a pensar cómo desenvolver as catro competencias que escolleu .
A primeira dificultade que atopa é cómo traballalas de maneira conxunta.  Mestrapps considera moi difícil concretar conceptos tan abstractos. Por eso decide desmenuzalas para elexir a parte máis necesaria para o  desenvolvemento dos seus alumnos.